CRTVG

Buscar

A carne da Mechá vendida como marca branca está mal etiquetada

Publicado o 24/08/2019 14:58

A carne mechada que a empresa Magrudis, responsable do andazo de listeriose vendía a través dunha marca branca está mal etiquetada, segundo a Axencia Española de Seguridade Alimentaria. Advirte que se trata dunha" grave deficiencia" que impide ao consumidor coñecer a orixe do produto.

A Xunta de Andalucía contactou xa coas empresas destinatarias dos alimentos infectados, para evitar que cheguen ao mercado.

"Non quedou claro cal é a denominación comercial desa marca branca, créase maior nivel de incertidume, pódese prexudicar a outros distribuidores porque non se sabe de que produto estamos falando, amais dos que xa están retirados do mercado", afirma Rubén sánchez , voceiro de Facua.
Hai máis de 200 casos de listeriose en oito comunidades, asociados a este brote. O martes faleceu unha muller de 90 anos nun hospital sevillano, onde ingresou tras comer carne da marca "La Mechá". E investígase a morte este venres dun home de 72, enfermo de cancro en fase terminal.

Nas últmas horas, Facua pediu a dimisión do conselleiro de Sanidadede andaluz. Amais a Asociación de Consumidores presentou unha querela contra a empresa fabricante da carne contaminada coa bacteria, por un posible delito contra a saúde pública. "Consideramos que hai que resarcir os afectados pero tamén que hai que investigar os posibles delitos nos que se incorreu ao longo de toda esta situación desde que se poñen no mercado, parece que a mediados de xuño, estes produtos contaminados con listeria, ata a data de hoxe", di Rubén Sánchez.
Sanidade emitu unha alerta interncional do andazo por se algún turista puidera verse afectado. Ao tempo que recomendaba non consumir outrtros produtos da marca. O luns goberno central e as autonomías abordarán a situación desta crise alimentaria.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/08/2019