A caravana de migrantes hondureños permanece bloqueada en Guatemala
Publicado o 18/01/2021 09:10
A caravana de migrantes hondureños que se dirixe aos Estados Unidos permanece bloqueada en territorio de Guatemala.
Miles de efectivos do exército e da policía guatemalteca están despregados para impedir o paso duns 6.000 migrantes de Honduras cara aos Estados Unidos na procura de mellores condicións de vida.
Onte tiveron que deterse ante a acción das forzas de seguride e pernanecen no mesmo punto do despartamento de Chiquimula desde o sábado.
Foi o venres cando unhas 9.000 persoas saíron do Norte de Honduras fuxindo da pobreza e a violencia no país. Unha terceira parte deles logrou avanzar nalgúns casos e outros colleron o camiño de volta á casa.
Máis sobre actualidade
06/03/2021 23:05