CRTVG

Buscar

A capela do Carme, en Muros, abre as súas portas para poder coñecer os traballos de restauración

Publicado o 02/01/2020 14:39

É unha capela moi querida para os veciños dunha vila que mira ao mar. Por iso, a segunda fase da restauración que se está realizando no seu interior ábrese estes días ao público en Muros para que os que se acheguen ata a capela do Carme teñan a oportunidade de ver in situ como van os traballos de recuperación.

Este xoves e venres, as portas da capela permanecen abertas aos visitantes para que poidan coñecer o proceso de mellora desta capela do século XVIII, onde hai anos que xa non se celebran cultos relixiosos, pero que ten un peso moi importante na historia da vila.

Levaba tempo pechada e o deterioro era xa importante. Nesta segunda fase de restauración, os traballos estanse centrando na recuperación da policromía orixinal dos retablos laterais.


TOT



Unha iniciativa esta que parte da asociación muradá Auga e Sal e que, de paso, pretende recuperar a actividade desta capela de maneira esporádica e incluíla no catálogo de rutas turísticas de Muros.
 

Noticias web

02/01/2020