CRTVG

Buscar

A candidatura da Ribeira Sacra, finalista a Patrimonio da Humanidade en 2021

Publicado o 27/03/2020 14:37
A candidatura da Ribeira Sacra, finalista a Patrimonio da Humanidade en 2021

A candidatura da Ribeira Sacra será finalista na 45º sesión do Comité do Patrimonio da Unesco en 2021. Este comité acaba de aceptar a proposta de España, que apostou pola Ribeira Sacra por ser un dos grandes exemplos do patrimonio de España, que abrangue dúas provincias, a de Ourense e a de Lugo, e que conta cun grande patrimonio natural e arquitéctonico, algún de máis de ata 1.500 anos.

A candidatura española fora presentada ante a Unesco en febreiro de 2020 e a inclusión avaliarase en 2021. A poroposta española vai ser avaliada polo Comité da Unesco na asemblea do mes de xuño de 2021, canda outras 22 candidaturas do resto do mundo, para decidir cal é a gañadora.