CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez ten ata o 23 de xullo para negociar os apoios para a súa investidura

Publicado o 02/07/2019 22:06

O debate da sesisón de investidura do candidato socialista, Pedro Sánchez, comezará o 22 de xullo, segundo anunciou a presidenta do Congreso Meritxell Batet. A primeira votación realizaras ao día seguinte, o martes 23.

A propia Batet confirmou en roda de prensa na Cámara Baixa que esta mañá mantivera unha conversación telefónica con Sánchez, que continúa en Bruxelas ante a falta de acodo entre os líderes da UE respecto ao reparto de poder nos principais postos nas institucións comunitarias

O 22 de xullo iniciarase o peno coa intervención do propio Sánchez, ás 12:00. A sesión reanudarase pola arde, ás 16:00, coa intervención dos grupos parlamenarios, e ao día seguiente, martes 23, producirase a primeira votación.

Se Pedro Sánchez non obsten a maioría absoluta nesa primeira ocasión, a votación repetiríase 48 horas despois, o que ocorrería o xoves 25 de xullo, segundo explicou Batet.

Pedro Sánchez subliña que España necesita un Goberno "canto antes"

O presdiente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, desacou ese martes que España necesita un Goberno canto antes, pouco despois de que Batet anunciara que o día 22 se iniciará a sesión de investidura.

Segundo Sánchez, é necesario un Goberno canto antes "para seguir avanzando cara á igualdade, a transición ecolóxica xusta, a dixitalización e o fortalecemento do proxecto europeo".

Pablo Casado di que lle toca a Sánchez "decidir con quen quere gobernar"

O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, logo de coñecerse a data para o debate de investidura dixo que Sánchez "terá que decidir para que e con quen quere gobernar", "é moi difícil pactar con Bildu e pedir a abstención do PP e de Ciudadanos", asegurou logo da sinatura do pacto co presidente de UPN, Javier Esparza.

Sobre as posibilidades de que Sánchez saia elixido dixo que "demostrou que non hai vento favorable para quen non sabe onde vai", e sobre a posibilidade de ser chamado a outra ronda de contactos afirmou "sempre acudirei. Vai no soldo". 

Unidas Podemos ve "máis interese nunha investidura fallida que un acordo de Goberno"

A voceira de Unidas Podemos, Irene Montero, acusou á presidenta do Congreso, Meritxell Batet, de "falta de respecto institucional" por anunciar a data para o debate de investidura sen informarlles previamente. 

Para Montero, a parte de de amosar unha falta de respecto institucional é "un síntoma de que o interese do PSOE é máis unha investidura fallida que uha acordo de Goberno".

Uns minutos antes desta mensaxe a voceira de Unidas Podemos cogara outro no que reflectía que a data do 22 de xullo e advertía que "Sánchez camiña cara a unha investidura fallida sen negociar nada con nadie para presionar a Ciudadanos" pero aínda así considera "posible un goberno progresista en xullo", e remata con "Non renunciamos".

Rivera non prevé ir a outra ronda con Sánchez: "Eu non vou perder o tempo"

O líder de Ciudadanos, Albert Rivera, non contempla acudir a outra ronda de contactos co candidato socialista, Pedro Sánchez, se lle cita para tratar a súa investidura porque, segundo dixo, non ten nada máis que falar con el: "Eu non vou perder o tempo nin facer perder máis tempo".

Rivera, en declaracións non Congreso, deixou claro que non ten previsto volver a manter unha reunión con Sánchez, depois de que declinara acudir á Moncloa fai un par de semanas e insistiu en que con quen ten que negociar o secretario xeral socialista é cos seus socios -Podemos e os nacionalistas- con quen xa está cerrrando acordos en moitos concellos e comunidades.

"Non teño nada máis que falar que as tres veces que falei con el", reclacou Rivera. O presidente da formación laranxa afirmou que o papel de Ciudadanos é exercer a oposición porque el non ten o mandato do rei para formar goberno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí