CRTVG

Buscar

A canción do verán da CRTVG é un reggaeton: 'Que nos pille rebolando', de Miguel Silva

Publicado o 25/06/2019 22:33

O autor da canción do verán é o youtubeiro Miguel Silva, coñecido como Aquel-e, co tema Que nos pille rebolando. Ademais de ser o compositor, tamén é o creador dun videoclip ben orixinal que repasa escenarios importantes da súa vida.

O ano pasado gañara o Premio Eficiencia Comunicativa do programa Youtubeir@s, e hoxe é un dos perfís máis seguidos nesa rede social e tamén no GaliTwitter.

Miguel é de Rianxo e proclámase defensor da lingua galega, dos dereitos da muller, do colectivo LGTBI+ e doutras minorías.

Se queren escoitar a canción enteiriña e ver o videoclip completo, pasen por crtvg.gal ou pola canle de YouTube da Televisión de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019