CRTVG

Buscar

A canceira que dá servizo o consorcio da Coruña non pode dar animais en adopción pola falta dun procedemento

Publicado o 04/07/2019 14:21

A canceira do consorcio das Mariñas fai un chamamento desesperado. Di que chegou ao límite da súa capacidade e non pode seguir acollendo animais. O problema é que tampouco pode dar os que ten en adopción. A lei prohibe entregalos sen esterilizar e non ten medios para poder facelo.

CComa estes cans ata cento oitenta son os que neste momento ocupan a canceira que da servizo aos concellos que forman parte do consorcio das Mariñas. Din os seus responsables que están chegando ao límite da súa capacidade e non saben como van facer para poder reducir esta cifra, porque neste momento non poden ofrecer animais en adopción.. e non é porque non queiran. A lei de Benestar animal, aprobada hai 18 meses, impide entregalos sen esterilizar, o problema é que non existe tasa municipal para poder operalos.

Rosa Gutierrez, xerente de Servigal: "O que se aproba en pleno é o que podemos cobrarlle o cidadán polos servizos prestados. Calquera servizo que queiramos prestar ten que estar aprobado por tasa, co cal o novo requisito de apoción que é a esterilización, pois non o podemos cobrar, nin repercutir ao cidadán".

Alba Paz, veterinaria: "Tivemos un tempo de moratoria, 18 meses e ninguén respondeu... e agora chegamos coa nova lei e non poden sair adopcións".

A isto, súmase tamén que a lei prohibe sacrificalos, a non ser que teñan unha enfermidade terminal. De aí o seu chamamento desesperado. O pasado ano 998 animais pasaron por estas instalacións. E destes 234 foron entregados en adopción
 

Noticias web

04/07/2019