A campaña 'Ti si que es un bo peixe' estimula o consumo de produtos do mar entre os máis novos
Publicado o 20/08/2021 21:36
Coa campaña 'Ti si que es un bo peixe' a Xunta anima 2.000 rapaces a comer peixe e marisco este verán. A conselleira do Mar acompañou esta mañá un grupo de cativos de Ribeira nun dos obradoiros onde se estimula o consumo destes produtos.
A campaña é a continuación da que se está a desenvolver durante o curso escolar. Rosa Quintana lembrou que o peixe e os mariscos son clave para unha alimentación saudable.