CRTVG

Buscar

Metro e medio, a distancia de seguridade para protexer os ciclistas

Publicado o 16/05/2018 20:32

Esta mañá a Consellería de Infraestruturas acaba de presentar a campaña 'Metro e medio', na que se vai a incidir sobre a seguridade dos ciclistas nas estradas galegas.

A aposta por reducir a mortaldade dos ciclistas nas estradas segue en pé. Este ano a campaña vai incidir de novo na concienciación do condutor sobre a importancia de respectar a distancia que debe manter á hora de adiantar un ciclista: Metro e medio. A iniciativa dará comezo o vindeiro 28 de maio, data que resaltan dado a proximidade coa época estival e o aumento do número de ciclistas que circulan polas estradas galegas. Ademais, este ano desde a Xunta distribuiranse tres mil cortaventos reflectores con fin de facer máis visibles os ciclistas.

Achégase o bo tempo e con el o aumento de ciclistas que circulan polas estradas. Por iso, desde a Consellería de Infraestruturas e coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo presentan a campaña 'Metro e medio', en que teiman especialmente na concienciación da distancia que precisa un condutor para adiantar un ciclista. 

Unha iniciativa coa que se quere reforzar esa aposta por reducir a mortaldade e a mellora do acondicionamento das estradas. De feito, a nosa comunidade xa se coloca entre as primeiras de España con maior numero de vías protexidas.

O 28 de maio dará comezo a campaña que buscará fomentar esa convivencia harmónica entre condutores e ciclistas. Ademais, repartiranse 3.000 cortaventos reflectores coa finalidade de facer o ciclista máis visible.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018