A Campaña #IgualdadeFollowers promociona a educación en igualdade nas redes sociais
Publicado o 19/07/2021 13:37
Ponse en marcha a campaña #IgualdadeFollowers, que busca concienciar a xente nova sobre a plena igualdade de xénero. Patrocinada pola Consellería de Emprego e Igualdade e a Asociación de Periodistas de Galicia, é unha campaña pioneira no uso de material audiovisual a través das redes sociais na que participan artistas, deportistas, cociñeiros e influencers.