CRTVG

Buscar

A campaña do ourizo factura máis dun millón de euros en Aguiño e Ribeira

Publicado o 03/05/2019 15:39

A campaña do ourizo en Aguiño e Ribeira é a segunda máis alta da historia en facturación, máis dun millón de euros. Moi preto da do ano pasado, que foi de 1.130.000 euros e que foi a máis alta de toda a historia da explotación do ourizo nesta zona. E iso que as capturas foron máis baixas, case 28.000 quilos menos. Pero os prezos, cunha cotización media de 6,6 euros en Aguiño e 7,6 euros en Ribeira fixeron que a recadación subira ata os número que estamos vendo.

O caso é que cada ano aumenta a demanda deste equinodermo que triunfa na mesa, tanto en Galicia como en Asturias, de onde hai unha forte demanda para particulares e restaurantes.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/05/2019