A campaña do berberecho comeza en Camariñas con prezos récord
Publicado o 04/06/2020 14:55
Os mariscadores de Camariñas comezan a campaña do berberecho con boas perspectivas. Están a coller o tope de 10 quilos por persoa. Os altos prezos, máis de 10 euros por quilo, animan a retomar a actividade.
A suba dos prezos ten moito que ver cun cambio na comercialización. A agrupación de Camariñas acordou coa Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos un sistema de poxa telemática que lles vai moi ben.
Agora tamén estudan poñer en marcha un sistema parecido para vender marisco e peixe a particulares.
Máis sobre actualidade
08/03/2021 10:22