CRTVG

Buscar

A campaña de Garzón para reducir o consumo de carne abre un enfrontamento no Goberno

Publicado o 08/07/2021 15:25

"O consumo excesivo de carne prexudica a nosa saúde e o planeta". Estas palabras do Ministro de Consumo nun vídeo co lema 'menos carne, máis vida' enfurecen o sector e abren unha polémica no goberno de coalición. O titular de Agricultura rexeita os argumentos de Garzón e ve a campaña inxusta e errónea.

Luís Planas, ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación: "O sector gandeiro merece un respeto. A campaña é tan errónea como a de 'o azúcar mata'". Pero Alberto Garzón reafírmase na mensaxe. Alberto Grazón, ministro de Consumo: "Sabíamos a reacción, é normal. Non lle dicimos á xente o que ten que comer, dicímoslles os riscos".

O choque entre ministerios vai máis alá, porque o titular de Agricultura di que non estaba informado desta iniciativa, como apuntara o de Consumo, que acaba de rectificar. E o líder do PP arremete contra a iniciativa. O sector gandeiro-cárnico envioulle unha carta a Alberto Garzón en que manifestan o seu estupor polo que consideran unha difamación. Ven preocupante que o ministro faga afirmacións erróneas, e reivindican o papel social, económico e medioambiental do sector.

Noticias web

08/07/2021