CRTVG

Buscar

A campaña da DXT de vixilancia dos autobuses escolares xa está en marcha

Publicado o 08/02/2019 17:02

Está en marcha unha campaña da DXT de vixilancia dos autobuses escolares.

Os axentes comproban que toda a documentación estea en regra e verifican que todos os elementos de seguridade e as condicións técnicas dos vehículos sexan óptimas. Cos condutores o mesmo, revisan os carnés de conducir e contrólanse os tempos de condución e descanso. Incidirán especialmente no uso do cinto de seguridade en todas as prazas e nun dos momentos críticos implicado no 90% dos accidentes no bus escolar: a baixada e subida aos mesmos nas paradas. Insístese en que os pais respecten as paradas, que chegen con tempo a recoller os nenos e que non invadan a calzada para evitar atropelos.

Onda o CEIP de Miño a Garda Civil efectuou esta mañá controis a dous dos autobuses que traían escolares a este colexio.
Tocoulles aos que chegaron primeiro e nos dous casos o resultado da inspección descubriu a existencia dalgunha falta. Xa fose carencia de documentación que debe ir no vehículo, falta de elementos como caixa de primeiros auxilios ou anomalía técnica como a longa fenda no parabrisas que tiña un dos autobuses.
A inspección nestas campañas é ampla.

"Permiso de condución, probas de alcolemia, autorizacións de transporte escolar e do vehículo e comprobar que cumpre coas condicións de seguridade necesarias".

Tráfico tamén aproveita estas campañas para lembrarlles a pais e nais o dereito a esixiren a través dos centros educativos ou anpas o cumprimento da normativa na realización do transporte escolar.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/02/2019