CRTVG

Buscar

A campaña da centola apunta a bos resultados a poucos días para a súa finalización

Publicado o 14/06/2019 16:53

Os datos provisionais falan dunha moi boa campaña de centola neste 2019, parecida á do ano pasado que fora histórica con 520 toneladas capturadas e cinco millóns en vendas. A veda comeza o día 22 nas provincias da Coruña e Pontevedra e o 28 en Lugo, pero, polo momento, xa se capturaron 490 toneladas cunha facturación en poxa duns catro millóns e medio de euros.
As lonxas máis importantes para a centola foron A Coruña, O Grove, Vigo e Ribeira, onde non faltou este marisco desde o 11 de novembro que se abría a campaña. De novo cumpriuse o dito popular, e como este tampouco foi un grande ano para o polbo volveron abondar as centolas.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/06/2019