CRTVG

Buscar

Minuto a minuto do debate

Publicado o 30/06/2020 01:23
Minuto a minuto do debate

01.05 Ricardo Morado valora o debate

01.01 Beatriz Pino valora o debate

0.57 Gomez-Reino valora o debate


0.53 Pontón valora o debate


0.49 Caballero valora o debate


0.46 Casal valora o debate

 

0.42 Feijóo valora o debate

0.41 Comezan as reaccións dos candidatos

0.25. Finaliza o debate.

0.23 Feijóo (PPdeG): "Xuntos estivemos traballando todos estes anos, conseguindo moitas cousas. Hoxe Galicia é unha das comunidades con máis prestixios de España. Quero un goberno que goberne con 10 anos de experiencia, fronte a un multipartito de dez partidos. Eu non veño aquí derrotar a ninguén. A miña paixón é Galicia, Galicia, Galicia". 

0.22 Casal (Marea Galeguista) "É posible construír un país mellor se o construímos xuntas. Quero deixarlle á miña neta Manuela un país onde poida ser feliz, que non teña que marchar, que non teña medo de camiñar pola rúa. Quero unha Galicia que poida crear emprego de calidade e coide do planeta. Os galegos somos xente que non se rende. Queremos unha nova normalidade xusta e sostible".

0.21  Caballero (PSdeG): "Galicia é a miña causa. Traballamos para os galegos e as galegas, por unha Galicia do benestar, de progreso, que defenda os servizos públicos, a dignidade dos nosos maiores, por unha Galicia feminista, por unha Galicia que defende o patrimonio natural, por unha Galicia de futuro necesitamos unha mobiliacion masiva".

"Hai un cambio con garantías. Por un voto podemos decidir quen goberna e non é o mesmo que sexa a dereita ou a esquerda", rematou Gonzalo Caballero.

0.20 Pontón (BNG): "Tivemos que parar todo para escoitar mellor o noso planeta. Temos que camiñar nunha sociedade que aposte por unha economía verde, como fai o BNG alí onde goberna. O 12 de xullo temos a oportunidade de romper co pasado abrir un futuro con historia e poñer unha muller por primeira vez como presidenta da Xunta".

00.18. Gómez-Reino (Galicia en Común-Anova): "Hoxe iniciamos o camiño para deixar atrás a Galicia do pasado e abrir paso á Galicia que vén. Atrás vai quedar o decenio negro do Partido Popular, que tanto dano lle fixo a Galicia, pero xa hai unha Galicia que vén, a do emprego, do respecto ás mulleres, das oportunidades para a xente nova", afirmou Gómez-Reino na súa última quenda. 

"Todo iso non depende de min, depende de ti, se vas votar o 12 de xullo o Partido Popular será o pasado. É o momento de construír o futuro", concluíu.

0.17 Pino (Ciudadanos): "Sei que pasamos meses moi duros, sei que non temos a cabeza nas eleccións, pero sei tamén que moitos de vós pensades que Galicia merece futuro e ten moito que gañar cun proxecto como o noso". 

"Quero que saiades votar sen medo e sen conformarse pensando que Galicia e os galegos temos moito que gañar", asegurou a candidata de Ciudadanos.

0.16 Morado (Vox) abre a quenda de últimas intervencións: "Vox comprométese contra as políticas nacionalistas de Feijóo. Por iso pedimos o voto recuperar o dereito de educación en galego ou castelán, para apoiar as familias e a industria a Administración nos trate por igual falemos en castelán ou galego. Queremos defender a túa voz fronte á violencia dos nacionalismos e do Goberno, para defender unha Galicia que cre en España". 

0.12. Finaliza esta fase do debate Ana Pontón, quen di que fixo máis un deputado do Bloque en Madrid que once anos de Goberno de Feijóo.

00.09. Gómez-Reino tende á man ás forzas da esquerda.

00.06. Pontón pregunta a Feijóo sobre posibles pactos con Vox.

00.05. Morado di que non hai liberdade se hai un partido que está sendo agredido constantemente.

00.04. O líder do PSdeG pon como exemplo de goberno o dos alcaldes socialistas que encabezan concellos en Galicia.

00.02. Gómez-Reino di que se o conxunto do votante de esquerda acode ás urnas haberá cambio na Xunta.

23.58. Pancho Casal bótalle en cara a Feijóo que non goberna para todos e que non dialoga no Parlamento.

23.55. Gómez-Reino repasa casos de corrupción do Partido Popular.

23.52. Feijóo cita os partidos que van nas listas da esquerda, di que son ata dez, e di que Galicia o que necesita é "un Goberno unido".

23.51. Beatriz Pino critica que Caballero queira revivir o bipartito.

23.50. Ana Pontón di que Feijóo inventou "o pin parental lingüístico". "Un goberno do BNG traballará para desconfinar a nosa lingua e a nosa cultura".

23.47. Gonzalo Caballero di que Galicia necesita un cambio político. Di que contará coas forzas progesistas para formar goberno, da mesma forma que sabe que Feijóo pactará con Vox se o precisa.

23.45. Ricardo Morado pide que se conene a violencia que sofre Vox na campaña. "Sen unha campaña limpa, non ten sentido falar do que vén despois".

23.44. Pancho Casal: "A Marea Galeguista recoñece o carácter nacional de Galicia".

23.42. Os candidatos analizan o modelo institucional, os pactos, gobernabilidade e o encaixe de Galicia no Estado.

23.32 Gonzalo Caballero: "As políticas do PP son letais para o público e para os maiores".

23.31 Pontón: "Galicia é a única comunidade autónoma do estado que ten os centros de día pechados".

23.28 Feiijóo: "Non abrimos os centros de día porque queremos coidar os maiores". "Non pedirei permiso nin para falar galego nin español. Sempre defenderemos o bilingüismo cordial".

23.26 Casal urxe a apertura inmediata dos centros de día. "Feijóo leva 30 anos subido a un coche oficial".

23.24 Gómez-Reino comprométese cunha renda mínima compatible co ingreso mínimo e coa construcción de vivenda pública para alugueiro. Tamén promete educación de 0-3 e universitaria gratuíta.

23. 21 Pontón censura as políticas en igualdade de Feijóo, porque "recortou axudas ás vítimas de violencia xénero e apoiou os concertos cos centros educativos que segregan".

23.16. Pino acusa o PSOE de querer derrogar a reforma laboral con Bildu e reprochalle a Feijóo o abandono de maiores nas residencias. Ciudadanos promete que as peaxes serán cousa do pasado. 

23.13 Gonzalo Caballero amósase preocupado porque a ultradereita teña representación no Parlamento de Galicia. Asegura que Feijóo é un mal xestor e recortou de forma continua".

23. 10 Morado: "A mellor política social é o emprego. Propoñemos pin parental para frear adoutrinamiento, educación en castelán, unha consellería de familia e plan de flexibilización real. Ninguén escoita os galegos", di. 

23.07 Casal di que Feijóo vive "nun mundo paralelo". Propón un plan de choque contra os feminicidios, un plan de mellor da Atención Primaria e gratuidade da educación pública de 0 a 3 anos. 

23.04 Gómez-Reino: "Feijóo vive nun mundo diferente ao dos galegos e toca as lentes cando mente". Asegura que a xente falece esperando o recoñemento da dependencia, que intentou pechar a sala de partos de Verín e construiu só 4 vivendas públicas en 2019. "Estamos fartos de que a xente traballe para ser pobre". 

23.02 Feijóo di que hai máis investimentos, máis hospitais e máis contratacións ca nunca e, por iso, Galicia estivo mellor preparada para a xestión da pandemia. Asegura que Galicia é a comunidade con máis profesores por alumno, rebaixando a taxa de abandono escolar. "Temos as mellores notas da nosa historia e as taxas universitarias máis baratas de España".

23.00 Comeza o bloque de sanidade, educación e política social

22:43 Pancho Casal di que Feijóo o único que xetiona é a súa imaxe e a trucaxe dos datos.

• 22:40: Feijóo destaca da súa xestión que Galicia foi a segunda comunidade onde máis descendeu o paro nesta lexislatura, que aprobou presupostos durante 11 anos e que cumpre o defícit, e a comunidade que menos incrementou a debeda pública. Propoño "estabilidade e xestión".

• 22:38. Ana Pontón acusa a Administración Feijóo de destruír as caixas galegas. "Destruíu moito emprego. As súas cifran dan medo". "Se eu son presidenta cambiarei modelo depredador por enerxías renovables e tarifa eléctrica galega". 

• 22:34. Vox pregunta cantos empresas máis van desaparecer. A formación de ultradereita propón baixar impostos e un plan de apoio á vivienda.

• 22:32 Gómez-Reino volve pedir un compromiso cos traballadores de Alcoa, e comprométese á intervención pública da empresa.

• 22:29. Beatriz Pino di que hai que ser propositivos. E pide atención á clase media, "se cae Galicia, non se levanta", di a candiata de Ciudadanos.

• 22.27. Gonzalo Caballero fala da necesidade de gobernos que pensen na xente e bota en cara ao PPdeG que se perdesen 70.000 empregos en moitas empresas.

• 22.25. Comeza o bloque do debate dedicado aos asuntos económicos.

• 22.14 Pontón di que a centralización arrepía: "Hai moitas familias están preocupadas porque poden ir ás verbenas e non á gardería".

• 22.13 Caballero: "Non é o mesmo o PP que o PSOE; os que privatizan e recortan ou os que cremos no público".

• 22.11 Morado di que ningúen apoia o plan de Vox e que lle preocupa a deriva nacionalista de Feijóo. 

• 22.10 Pino dille a Pontón que o único que conseguiu cousas útiles para os galegos, como os ERTE, é Ciudadanos. 

• 22.06 Morado repróchalle a Caballero que lle chame extremista, cando o PSOE pacta con Bildu. Di que hai que reactivar a economía, pero di que o Goberno impón "a axenda comunista de Pablo Iglesias".

• 22.05 Gómez-Reino pide un sistema sanitario e de residencias público e subir o investimento en investigación.

• 22.04 Casal enumera varias medidas de reconstrución para alcanzar unha reindustrialización verde e sostible, renda básica universal, conciliación e fiscalidade xusta.

• 22.01 Pontón, a Feijóo: "Que compare os mortos cunha media é lamentable". Di que é urxente cambiar o modelo privatizador das residencias. 

• 21.58 Pino: "Temos a obriga de dar as grazas aos galegos e pedir desculpas polo espectáculo político", dixo. "Ciudadanos estará á fronte dun pacto de recontrución".

• 21.55 Feijóo censura que se intente rescribir a historia e tapar "as improvisacións do Goberno central". Di que en Galicia non todo se fixo mal porque a letalidade é a comunidade con menor taxa de letalidade, xunto ás Canarias. "O Goberno exerce o mando único nas residencias e deixounos sós", asegura

• 21.54 Gómez-Reino asegura que a sanidade galega sufriu varios anos de recortes, ao igual que as residencias. "Feijóo ten que recoñecer que os recortes xeraron moito sufrimento".

• 21.51 Caballero rexeita a participación de Vox no debate. Pídelle a Feijóo que non se colgue medallas e fale de anticipación: "O que parou a pandemia foi o estado de alarma". Tamén critica a xestión das residencias

• 21.50 Morado acusa o Goberno centra de oculltar os mortos e a Xunta "de abandonar as residencias". Asegura que a crise demostrou que é mellor unha sanidade centralizada. 

• 21.47 Casal asegura que o bo facer dos sanitarios supliron "a incompetencia da Xunta". "A privatizacion non é un bo negocio". "Galicia é unha comunidade cos centros de día pechados", lembrou.  

• 21.46 Pontón insta a Feijóo a recoñecer os erros e repróchalle 10 anos de recortes. E acúsao de improvisación na xestión do brote da Mariña. "Non se anticipou, el anticipou as eleccións", asegurou. 

• 21.45 Comeza o bloque sobre a pandemia

21.42  O candidato de Vox, Ricardo Morado, empregou a súa primeira intervención para dicir que no debate "están os representantes do "consenso pobre, do Goberno criminal, da violencia durante a pandemia". Dixo que "Feijóo e o alumno avantaxado do nacionalismo". O candidato de Vox di que é son o verdadeiro voto últil, a alternativa. "Defendemos unha educación sen imposicións dun idioma", salientou. 

• 21.41 "O meu nome é Beatriz Pino. Nacín en Vigo hai 44 anos. Estou aquí porque son filla dunha xeración que fixo moito para que poidamos vivir en liberdade, e creo que é o momento de devolverllo. Estou aquí porque son nai de fillos adolescentes, e non vou quedar de mans cruzadas vendo como seguramente van ter que marchar da terra para traballar. Estou aquí porque son unha muller traballadora, que non me conformo", dixo Beatriz Pino, candidata de Ciudadanos.

"Pídovos que o 12 de xullo pensedes o voto, porque ten que ser un voto sen conformarnos. Galicia ten moito que gañar".

• 21,40 Antón Gómez-Reino iniciou a súa primeira intervención amosando o seu orgullo de nacer en Galicia, polo compartamento durante o confinamento.

O candidato de Galicia En Común asegurou que Galicia "leva dez anos en corentena". "Hai un futuro posible", salientou. 

• 21,38 Ana Pontón, a candidata do BNG, na súa primeira intervención dixo: "Quero empezar lembrando as 619 persoas falecidas pola covid-19 no noso país, que despois dunha vida de duro esforzo foron abandonadas polas institucións, principalmente pola Xunta de Galicia".

"Esta crise amosounos as deficiencias que ten o trato aos nosos maiores, e a necesidade de modificar os sistema das residencias, pero tamén que foi a xente do rural, os caixeiros, foron os que manteron en pé o país, non os politicos, e tamén os sanitarios traballando en primeira liña. Non esquezamos os verdadeiros heroes desta crise".

• 21,37 Gonzalo Carballo dixo na súa primeira intervención que é un orgullo o comportamento dos galegos do confinamento e tamén cunha lembranza ás vítimas.

"Nestas eleccións xogamos se saímos pola esquerda ou saímos pola dereita. Queremos máis debates e rexeitamos unha CRTVG nesgada". 

• 21.35  O candiato de Marea Galeguista, Pancho Casal, aproveitou o seu primeiro minuto para presentarse: "Son Pancho Casal, candidato da Marea Galeguista e levo catro anos nun Parlamento que o PP amordazou".

"Nestas eleccións hai tres opcións, votar a Feijóo, para que siga desatendendo as necesidades do país, votar ao bipartito do señor Sánchez, ou votar a Marea Galeguista, que non deixa ninguén atrás porque somos a única formación que non ten as mans atadas".

•  21.34 Alberto Núñez Feijóo dedicou a súa primeira intervención a agredecer o traballo dos sanitarios contra a pendemia e unha mensaxe de ánimo aos familiares que perderon os seus seres queridos.

Feijóo agardou que o debate sexa útil para ver as súas posibilidades que ten Galicia: "Un multipartito ou un partido cunha maioría que permita un goberno que goberne dende o primeiro día".

• 21.30 Comeza o debate coa presentación

21.10 Os sete candidatos están xa no estudio 5 da TVG e reciben as últimas consignas dos seus asesoeres