CRTVG

Buscar

'Camiño da reciclaxe' quere concienciar os peregrinos de manteren limpa a Ruta Xacobea

Publicado o 06/07/2021 14:29

A Xunta quere concienciar os peregrinos que veñen a Santiago da importancia da reciclaxe e de manteren o Camiño limpo. Esta é a finalidade da nova campaña que este martes presentaron a conselleira de Medio Ambiente, a directora xeral de Turismo, o alcalde de Santiago e o director da empresa Ecoembes. A campaña Camiño da reciclaxe repartirá mais de 70.000 bolsas reutilizables entre os peregrinos para coidar o patrimonio natural que representa o Camiño. 

Noticias web

06/07/2021