CRTVG

Buscar

A campaña A Compostelata promove as conservas e o Xacobeo 2021

Publicado o 27/09/2019 14:49

Fomentar o consumo de conservas de peixe e marisco no Camiño de Santiago, ao tempo que se promove o Xacobeo 2021. É o obxectivo da campaña A Compostelata, posta en marcha pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO) e a Xunta de Galicia, no marco do programa O teu xacobeo.

Baixo o lema "Unha lata en cada etapa", unha furgoneta de comida percorrerá o Camiño Francés dende O Cebreiro ata Santiago, ofrecendo como credencial A Compostelata, a todos os que proben o petisco correspondente en cada unha das etapas.

O Secretario xeral de ANFACO Juan Manuel Viéitez, di qie aproveitando o camiño de Santiago se trata de que os consumidores coñezan o camiño e as conservas. 

Corina Porro, delegada da Xunta en Vigo, explica que con esta actividade se vai ver a cultura gastronómica e unha das maiores actividades empresariais, como é o mar en Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2019