CRTVG

Buscar

A camiñada nocturna de solidariedade da Pontevedrada chegou á praza do Obradoiro en Santiago

Publicado o 28/04/2019 16:54

Esta mañá a praza do Obradoiro encheuse da solidariedade da Pontevedrada, unha camiñada nocturna na que os participantes percorren a pé a distancia que separa Pontevedra de Santiago coa intención de que incremente o número de doadores de sangue, órganos e tecidos.
No seu estiveron acompañados por unha organización que coidou en todo momento deles.

Saíron onte á tardiña de Pontevedra contentos e animados. Protagonizan a novena edición dunha marcha nocturna coa que percorren os 67 quilómetros que se paran Pontevedra de Santiago para promover a solidariedade das doazóns.

David Vega Sáez, organización: "O que queremos é promover a doazón, salvar vidas é moi bonito".

Polo camiño a xente íase dispersando. Esta mañá cando chegaba ao Obradoiro o seu recibimento era unha festa.

-"Que tal foi a noite? Ben moito mellor?... un reto para superar".

- "Ao principio moita marcha pero despois foi duro"
- "Fixémolo en catro horas máis rápido ca o ano pasado"
- "Gústame darlle marcha ao corpo, seguir".

No hostal os participantes recibían masaxes solidarias para calmar as pernas doridas
- "Eternamente agradecido, moi ben".
- "É unha experiencia xenial colaboral e recibir o agradecemento, como traen as pernas? cargados"

Este ano inscribíronse case mil cincocentas persoas. Fiscicamente non todas chegaron, moralmente si. Ser solidario e pedir a doazón de órganos é chegar.

Noticias web

28/04/2019