CRTVG

Buscar

A calor mantén nove comunidades en alerta, con Canarias en nivel vermello

Publicado o 16/08/2021 09:00
EFE

A calor asfixiante dos últimos días, que deixou récords de máximas en España durante a fin de semana comeza a remitir pero aínda hai 9 comunidades en alerta amarela ou laranxa por altas temperaturas, que no caso de Canarias é de nivel vermello por marcadores de ata 41 graos.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) na súa páxina web, aínda que este luns a calor empeza a suavizarse seguirán rexistrándose valores altos e aínda se superarán os 40 graos en moitas provincias do noroeste, centro e sur peninsular. Eses rexistros farán que durante a xornada estean en alerta laranxa (risco importante) as comunidades de Andalucía e Castela-A Mancha, mentres a alerta amarela (risco) afecta a Aragón, Castela e León, Cataluña, Estremadura, Madrid e Murcia.

Canarias é a única comunidade que neste inicio de semana conserva a alerta vermella (risco extremo) por marcadores que alcanzarán os 41 graos ao mediodía na illa de Gran Canaria, en tanto que no resto do arquipélago estarán entre os 39 graos de máxima do sur de Tenerife e os 37 que terán no resto das illas, acompañados de refachos fortes de vento en puntos do interior e da costa. 

A vaga de calor deixa records como os 47, 4 graos rexistrados na localidade cordobesa de Montoro.
Castela león, Carataluña aragón , extremadura Valencia, Murcia e Madrid pasan a alerta amarela.
A previsión e que as temperaturas continen baixando nas próximas xonadas

Noticias web

16/08/2021