CRTVG

Buscar

A calor mantén cheas as terrazas, piscinas e parques tamén no interior de Galicia

Publicado o 04/09/2019 20:43

Calor tamén no interior. Foron moitos os que esta tarde aproveitaron as altas temperaturas deste remate de verán, tamén, por exemplo, na provincia de Ourense. Moitas piscinas ateigáronse de bañistas, e para facerlle fronte á calor, buscar as sombras e hidratarse. Terrazas e parques seguen sendo boa opción aínda a estas horas.

Como di o refrán: "En agosto rever e en setembro beber". Trátase de prolongar os máis saudables hábitos estivais.

Noticias web

04/09/2019