CRTVG

Buscar

A calidez do outono provoa a aparición da praga da procesionaria

Publicado o 11/01/2017 20:27

Trátase dunha praga provocada por un agresivo insecto que adoita aparecer no mes de marzo

A calidez do outono está a provocar curiosos fenómenos na natureza. Por exemplo: a aparición da procesionaria, o insecto que aniña nos piñeiros. Trátase dunha praga provocada por un agresivo insecto que adoita aparecer no mes de marzo. Cando as eirugas acadan a súa madurez saen das bolsas e descenden polo tronco para enterrarse no chan. O contacto con elas pode causar problemas graves para as persoas alérxicas e serias lesións na pel. Na Estación Fitolóxica do Areeiro están sorprendidos de que aparezan tan pronto. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017