CRTVG

Buscar

A calidade dos produtos de alimentación galegos conquista a Sial de París

Publicado o 18/10/2016 14:22

Os expositores galegos manteñen constantes reunións de traballo con posibles compradores internacionais

A calidade dos productos de alimentación galegos convencen na Feira Sial de Paris. A alta calidade e a especialización son básicos para exportar.

Por exemplo, unha conserveira de Camariñas é pioneira en produtos para a comunidade xudía.

Unha trintena de empresas de alimentación de Galicia están presentes estes días en París nesta feira internacional de gastronomía. Os clientes franceses buscan, sobre todo, produtos de moi elevada calidade. E Galicia, polo que vemos e nos contan os visitantes internacionais, está á altura.

Boas impresións no padal, e tamén nas negociacións. Os expositores galegos manteñen constantes reunións de traballo con posibles compradores internacionais.

A especialización é básica para exportar. Desde Camariñas, está conserveira é pioneira en productos para comunidade xudea. Un rabino supervisa todo o proceso en Galicia.

Francia é un dos principais mercados, a nivel europeo, dos produtos de alimentación procedentes de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/10/2016