CRTVG

Buscar

Empeora a calidade do aire no val próximo á erupción do volcán na illa da Palma

Publicado o 08/10/2021 14:34

Preocupa o empeoramento da calidade do aire no sur da Palma. A visibilidade é moi reducida e apenas sopra o vento na zona de Los Llanos de Aridane e El Paso. A dirección do vento dirixe a nube de cinsas e gases cara ao leste e está a afectar o tráfico aéreo.

E non só na Palma, onde o aeroporto continúa pechado, senón tamén na illa veciña de Tenerife, onde as compañías están a desviar por precaución os avións dende o aeroporto do norte ao do sur.

A actividade sísmica na illa da Palma foi en aumento nas últimas horas. Os tremores localízanse en capas medias e profundas. Técnicos e expertos continúan pendentes da evolución das emisións de lava despois de que na tarde de onte se abrira unha bifurcación na coada.

Preocupa a evolución desta nova coada, que xa ocupou unha superficie de 9 hectáreas arransando terreos de plataneiros que se salvaran ata o de agora.

Noticias web

08/10/2021