CRTVG

Buscar

A Caixa Rural Galega segue medrando cunha nova sede en Pontevedra

Publicado o 16/05/2019 14:02

Nun marco estatal de recortes bancarios, con peche de oficinas e reducións de persoal nalgunhas entidades, centramos a nosa atención no caso de Caixa Rural, unha cooperativa de crédito que medra cada ano e que mantén o estandarte da atención personalizada ao cliente. 

Como non é fin de mes nin principio, hoxe é unha mañá tranquila na oficina principal de Caixa Rural en Lugo, unha cooperativa de crédito que medra en taxas ao dez por cento anual.

En total son 150 empregados distribuídos en 47 oficinas conforman a rede desta cooperativa de crédito.

O director comercial cualifica a situación de caixa Rural como de éxito razoable. E detrás está a prudencia.

De cara ao futuro, traballan para seguir medrando dun xeito sostible.

Noticias web

16/05/2019