CRTVG

Buscar

A caída libre de Ence na bolsa non cesa e as accións están por debaixo dos catro euros

Publicado o 21/05/2019 17:10

Mantense a caída libre do valor de Ence. Unha caída que lle podemos poñer inicio alá polo mes de marzo, pero que nesta última semana se incrementou ata estar xa a un valor de menos de catro euros por acción. De feito, hoxe á primeira hora estivo por debaixo dos 3,80 euros por acción.

O valor de Ence está agora por debaixo dos mil millóns de euros e se se mantén a caída estaría en risco a súa continuidade no IBEX 35. Ence non para de perder valor dende marzo. Coincidiu coa decisión do Goberno de retirarse da defensa xudicial da concesión por 60 anos.

Os expertos manteñen que a incerteza bolsista se vai manter ata que haxa unha decisión firme sobre a planta de Pontevedra.


 

Noticias web

21/05/2019