A cadela tiroteada en Chantada permanece grave pero estable
Esta foi a parella que detivo o seu coche despois de ver como un home disparaba contra unha cadela. Enfrontáronse ao presunto agresor, un cazador que ía armado, e conseguiron que non rematase ao animal. Ademais, puideron gravar un vídeo no que recollen como este home, despois de dispararlle, arrastra a cadela atada cunha corda. Un maltrato que conseguiu conmover aos milleiros de persoas que reproduciron o vídeo nas redes sociais.
Cando chegaron a garda civil e a policía local, chamaron a Mario, este veterinario de Chantada para que atendese á cadela e máis para que se fixera cargo temporalmente das seis crías que tiña.
Dende a federación galega de caza manifestaron o seu malestar e indignación contra o proceder do cazador.
Esta mañá unha patrulla da garda civil permanecía no lugar da agresión á cadela, para evitar que houbera represalias contra o presunto agresor, quen se esperaba que declarase hoxe no cuartel de Chantada.
Ao presunto agresor retiráronselle as armas e o permiso. A ONG Mundo Vivo vaise persoas como acusación particular contra o cazador e en change.org abriuse unha recollida de sinaturas, xa se recolleron 7000 firmas pedindo xustiza para a cadeliña.