A cadea sueca H&M pecha a súa tenda de Espacio Coruña
Publicado o 10/01/2019 19:04
A cadea de moda H&M anunciou o peche de varias tendas en toda España, sobre todo as que están situadas en centros comerciais. Unha das tendas afectadas é a que ten en Espacio Coruña. O grupo sueco anuncia que vai recolocar o persoal afectado polos peches noutras tendas do grupo sueco. H&M considera que eses puntos de venda estaban ubicados en lugares secundarios e que o servizo está cuberto con outras tendas próximas. De feito, o grupo atribúe os peches a un proceso natural de desenvolvemento do mercado.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Máis sobre actualidade
07/12/2019 15:25