A busca de piso é unha tarefa complicada para os estudantes
Publicado o 06/09/2021 20:51
Contan nas inmobiliarias que os universitarios non son moi esixentes. Só precisan pisos en zonas con fácil comunicación coas facultades e con espazos comúns amplos, xa que adoitan compartir vivendas de tres e catro dormitorios. O complicado é dar cunha cun prezo axeitado.
En moitas cidades os prezos subiron nos últimos anos. No caso de Vigo estiman que case un 25%, o que supón de máis de 600 euros sen pisos sen garaxe nin ascensor.
Por iso, as boas ofertas desaparecen rápido e mesmo moitos pisos pasan duns estudantes a outros sen sequera ter que anunciarse.