CRTVG

Buscar

A búlgara Georgieva é a elixida pola Unión Europea para dirixir o FMI

Publicado o 03/08/2019 12:38

A Unión Europea ten desde onte á oite candidata para presidir o Fondo Monetario Internacional. É a búlgara Kristalina Georgieva, que se impuxo ao candidato holandés tras unha axustada votación.
Se a súa candidatura finalmente sae adiante, converteríase na segunda muller en ostentar o cargo tras Christine Lagarde. Tamén destacaría por ser a de maior idade, a piques de cumprir os 66 anos, un máis da idade máxima para acceder ao cargo de directora xerente da institución. Por iso, sería necesario un cambio no regulamento interno do FMI.
Previamente, o Goberno español retirara onte a candidatura da ministra de economía en funcións, Nadia Calviño.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/08/2019