CRTVG

Buscar

A brusca caída no valor do peso trasládase directamente ao peto dos cidadáns na Arxentina

Publicado o 14/09/2018 08:28

Na Arxentina, a brusca caída no valor do peso comeza a trasladarse de xeito directo ao peto dos cidadáns. Os últimos datos oficiais sitúan a inflación de agosto nun 3,9%, a máis alta do ano, e acumula xa un 34,4% en termos interanuais. E as organizacións de consumidores din que o custo da cesta da compra aumentou ata un 15% en só dúas semanas.

Na Arxentina, o 70% dos produtos de primeira necesidade están dolarizados, e iso fai que a suba da divisa norteamericana, que nas últimas semanas rexistrou aumentos de ata o 16% nunha soa xornada, se traslade rapidamente aos prezos. Un informe do Instituto de Estudos de Consumo Masivo sinalou que o custo na cesta da compra se incrementou ata un 15% en só dúas semanas e estima que a suba podería ascender ata o 18% de aquí a final de ano. 

Os expertos sinalan que estes incrementos responden aínda á inercia inflacionaria e aos vaivéns económicos de maio, cando comezou a crise arxentina que levou a Mauricio Macri a pedir un rescate ao FMI e dun tipo de cambio a 20 por aquel entón saltou a 30.

Agora, co dólar rozando os 40 pesos e ante a incerteza, moitos empresarios paralizaron ou rebaixaron a distribución dos seus produtos.  

O informe apunta tamén a unha caída no consumo de cinco puntos porcentuais. Unha realidade ante a que algúns comercios optan por baixar a rendibilidade e absorber parte do aumento dos prezos, para tentar manter as vendas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018