CRTVG

Buscar

A BRILAT descontamina oito residencias de anciáns en distintas vilas de Pontevedra

Publicado o 11/04/2020 12:34


Os soldados da BRILAT seguen coa "Operación Balmis" e este sábado proceden a desinfección en oito residencias de maiores de Pontevedra. As actuacións realizaránse polos equipos de descontaminación bacteriolóxica NBQ nas residencias Saraiva Senior e Soramay de Pontevedra, a vivenda comunitaria Virxe do Rocío I e II e a de Cesantes en Redondela, Ximará e o Fogar Xardín Castro de Lar en Salceda de Caselas e e residencia Angélicas e a Vivenda comunitaria La Palmera 3 e 4 en Vigo.

Este tipo de instalacións están a ser os maiores focos de contaxio para a poboación galega máis vulnerable, os anciáns.Os militares da BRILAT estarán noutras vilas e cidades galegas e tamén en Asturias ou Valladolid, en traballos de presenza e recoñecemento ademáis de desinfección. A estas actividades súmase o control fronteirizo na operación relativa ao despregamento das Forzas Armadas para loitar contra o coronavirus

Noticias web

11/04/2020