CRTVG

Buscar

A BRIF de Laza únese ás tarefas de extinción do incendio de Segovia

Publicado o 05/08/2019 20:46

Continúa activo o incendio forestal da Granxa, en Segovia. Polo momento van queimadas máis de 250 hectáreas e, segundo declaracións do director xeral de Política Forestal de Castela León, os labores de extinción están sendo complicados porque se superaron os 30 graos de temperatura e prevese que aumenten os refachos de tempo.

Uníronse esta tarde dende Ourense a eses traballos contra as lapas a BRIF de Laza. O obxectivo agora é impedir que o lume chegue aos piñeirais de Valsaín, incluídos no parque nacional con árbores centenarias.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/08/2019