CRTVG

Buscar

A borrasca non detén o interese polas Cíes nesta ponte festiva

Publicado o 01/11/2019 13:27

As illas Cíes son moito máis que un destino de sol e praia e pódense apreciar con independencia da climatoloxía. Por iso é que as navieiras van ampliando o calendario de viaxes fóra da temporada de verán, como nesta ponte festiva.

Si, embarcan para as Cíes no mes de novembro. A maioría dos viaxeiros son turistas e a borrasca non lles vai impedir levar adiante os seus plans. "Por exemplo, esta turista croata que regresa ás Cíes por segunda vez para que o seu marido, dixo, descubra esta beleza. E tamén este visitante esloveno, preparado con roupa de chuvia para dar unha volta." 

Ademais de que o paseo garanta unhas boas fotos, a visita ao arquipélago nesta altura do ano ten a vantaxe da tranquilidade e o atractivo de facela cunha guía. Os portos de saída son os de Vigo e Cangas, desde onde tamén, durante esta ponte, están dispoñibles as viaxes á illa de San Simón, no fondo da ría.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/11/2019