CRTVG

Buscar

A borrasca "Miguel" fai estragos nos viñedos de Amandi

Publicado o 07/06/2019 21:18

O temporal tamén deixou incidencias importantes na zona da Ribeira Sacra, principalmente nos viñedos.
Por exemplo, hoxe na zona de Amandi moitos viticultores xa reclamaron os estragos ao seguro e dedicaron o día a sulfatar as vides para minimizar os danos o máximo posible. As vides desfeitas son o resultado dos ventos furacanados que onte padeceron nesta zona de Amandi, na Ribeira Sacra.

Agora as vides están nunha etapa crítica do seu crecemento, co froito comezando a formarse. Segundo nos contan, o único xeito de minimizar o mal creado polo "Miguel" é sulfatar para que non podreza a planta.

De feito, os viticultores da zona pasaron o día sulfatando. Con todo, confían en non volver sufrir esta ano a pedra que tanto dano fixo na colleita do ano pasado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/06/2019