CRTVG

Buscar

Na Mariña o vento zoou con moita forza e provocou a caída de varias árbores

Publicado o 20/02/2021 20:25

A borrasca Karim manifestouse en forma de vento forte na Mariña. En Viveiro houbo refachos de 150 quilómetros por hora e toda a costa estivo en alerta amarela.

Por momentos, en Burela camiñar á beira do mar era complicado.

Con todo, o día mantívose con temperaturas primaverais a pesar de estar en febreiro.

Pola noite o vento zoou con forza, pero sen causar estragos.

Conforme avanzaba a xornada comezaron as incidencias por caída de árbores e de postes de teléfonos. Sucedeu en Ourol, Viveiro, Barreiros, Mondoñedo, e en Cervo, onde bombeiros e membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal tiveron que retiralos da vía.

A caída de chapas sobre a rúa en Foz e Ribadeo tamén obrigou a actuar os equipos de emerxencia.

O vento forte foi o protagonista principal durante todo o día, mesmo obrigou a cortar a autovía A-8 ao tránsito de camións.

Noticias web

20/02/2021