CRTVG

Buscar

A borrasca Karim deixa inundacións e fortes refachos de vento en Vimianzo e Zas

Publicado o 20/02/2021 20:59

Esta é a pegada que deixaba a borrasca Karim no concello de Vimianzo... na tarde do sábado o río seguía a baixar con forza e tocaba comezar cos labores de limpeza.

As intensas chuvias facían rebordar o río. Deixaban as rúas da vila completamente asolagadas, moitas intransitables. Tamén quedaban varias estradas cortadas.
Víronse afectadas algunhas vivendas, o centro de saúde, centros educativos, mesmo o cuartel da Garda Civil. Moitos veciños tiveron dificultades para desprazarse. E é que se alcanzaron algo máis de 60 litros por metro cadrado. Os refachos máximos de vento que se rexistraron nese concello superaron os 157 quilómetros por hora.

E no concello limítrofe de Zas, unha situación semellante. Foi o punto onde máis choveu na xornada. Superábanse os 81 litros por metro cadrado, contabilizados este sábado na estación do Couto de Muíño.

Na parroquia de Baio, o temporal deixábanos imaxes coma estas. O río botaba por fóra e avanzaba con forza inundando os baixos de varias vivendas.

Noticias web

20/02/2021