CRTVG

Buscar

A borrasca Justine chega a Galicia con temporal no mar, chuvias e fortes ventos con refachos máximos superiores aos 100 km/h

Publicado o 29/01/2021 21:56

A borrasca Justine chega a Galicia con temporal no mar, chuvias e fortes ventos con refachos máximos superiores aos 100 km/h

A borrasca Justine entra polo Atlántico e é no litoral onde primeiro se deixou sentir con fortes ventos que obrigaron a activar na tarde deste venres avisos en toda a costa galega. No litoral da pronvincia da Coruña entre a Costa da Morte e Estaca de Bares hai aviso laranxa por vento do suroeste de F8. Difícil xornada de traballo para o sector pesqueiro. En Carnota a frota tivo que quedar amarrada a porto.

En lugares como Santiago o vento estivo acompañado de chuvias. Ata a medianoite está activado un aviso amarelo por refachos fortes en gran parte da xeografía galega. Na provincia da Coruña rexistráronse refachos por riba dos 90km/h no Ortegal e en Vimianzo. En Viveiro superáronse os 100km/h e na montaña de Lugo, na Serra do Xistral acadáronse os 115km/h.

Justine gañará intensidade co paso das horas con máis vento, chuvia e un forte temporal no mar.
Este sábado haberá que extremar as precaucións. Desde a Costa da Morte ata Ribadeo activarase o aviso vermello no mar pola combinación da forza do vento e as ondas que poderán superar os 8 metros de altura.


 

Noticias web

29/01/2021