CRTVG

Buscar

A borrasca Filomena mantén en alerta toda España

Publicado o 08/01/2021 15:16

Agás a cidade autónoma de Melilla, Filomena mantén en alerta toda España por frío intenso, vento, chuvia e neve. Ante a previsión de fortes nevadas, a Axencia Estatal de Meteoroloxía activou o nivel vermello en Castela-A Mancha, en varias zonas da comunidade de Madrid e no interior de Valencia.

Polo momento, Madrid está en alerta laranxa, pero será ás seis da tarde cando se active o nivel vermello, espéranse ata 20 cm de neve en Madrid capital e noutros puntos da comunidade.

En Castela-A Mancha a alerta vermella afecta catro das cinco provincias, Albacete, Cuenca, Guadalaxara e Toledo. Só Cidade Real mantense en alerta laranxa, pero foi nesta provincia onde arredor de 300 camións permaneceron retidos esta noite nun aparcadoiro de emerxencia, en Minglanilla, situado xunto á autovía A-3.

O Ministerio do Interior calcula que a borrasca está a condicionar a circulación en máis de 280 vías en todo o país.

En alerta laranxa están o litoral norte de Alacante, parte de Castellón e Valencia e varias zonas de Aragón, Cataluña, Navarra e Castela e León.

Segundo a Asociación Meteorolóxica do Noroeste Peninsular, Filomena xa deixou unha marca histórica de temperaturas en Vega de Liordes, no Parque Nacional dos Picos de Europa, onde se acadaron os menos 35,8 graos baixo cero.

Noticias web

08/01/2021