A borrasca Filomena deixa sete comunidades en aviso por neve e frío
Á espera de que a borrasca Filomena chegue á Península para complicar aínda máis a situación, as primeiras horas da xornada de Reis deixaron un frío intenso na maior parte de España.
As temperaturas superaron os dez baixo cero na cordilleira Cantábrica, os sistemas Central e Ibérico e no Pireneo.
A neve mantén pechadas ao tráfico unha vintena de estradas e noutras 38 é obrigatorio o uso de cadeas para circular, todas elas na rede secundaria.
O peor está en Asturias, Cantabria e as provincias de Burgos e León.
Na parte asturiana do porto de San Isidro retomáronse os traballos de busca do operario da máquina quitaneves sepultada por un alude o venres pasado.
Un helicóptero dos bombeiros sobrevoou a zona, situada a máis de 1500 metros de altitude, para tomar imáxes que permitan coñecer a estabilidade da neve.
Xeadas e moito frío tamén en Madrid, Castela-A Mancha e Andalucía, onde se mantén activada a alerta por neve nas Serras de Cazorla e Segura con acumulacións de ata 20 centímetros a partir dos 800 metros.