CRTVG

Buscar

A borrasca Diana mantén o aviso amarelo no litoral e por refachos na Mariña

Publicado o 29/11/2018 12:08

A borrasca Diana azoutou ao longo de toda a noite a nosa comunidade, sobre todo a costa. Deixou refachos de vento de case 150 quilómetros por hora nunha estación de Viveiro e caeron preto de 50 litros por metro cadrado en Lousame. Ventou forte sobre todo no litoral. 

Ata as doce do mediodía mantívose o aviso laranxa no litoral, que pasa a ser amarelo na costa da Coruña e Pontevedra. Mantense, durante todo o día, o aviso amarelo por refachos na Mariña e por vento no mar na costa da Coruña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/11/2018