A borrasca deixou anegamentos en lugares como o centro de Muros
Publicado o 17/10/2019 14:09
A borrasca deixouse notar con intensidade en diversos puntos da comunidade. Foron numerosas as incidencias, no caso de Muros, Protección Civil chegou a rexistrar ata 60 avisos.
A zona máis afectada foi a máis próxima ao concello de Muros, onde a totalidade dos locais da praza sufriron asolagamentos.
Na zona de Louro a peor parte levárona varios garaxes que quedaron inundados. A borrasca deixou rexistros de 200 l/m2 en Vimianzo e Mazaricos, provocando asolagamentos dalgúns locais, e bolsas de auga que obrigaron a cortar algunhas estradas.