CRTVG

Buscar

A borrasca deixa en Galicia chuvia intensa e refachos de vento que superan os 100 quilómetros por hora

Publicado o 16/10/2019 14:04

Chuvia intensa e forte vento son os protagonistas da segunda borrasca que visita Galicia nas últimas 48 horas. Precipitacións que deixan un aviso de nivel laranxa por chuvia na zona oeste e suroeste da provincia da Coruña.

Temporal que chega con frontes moi activas que están a deixar tamén fortes refachos de vento que superan nalgúns puntos os 100 quilómetros por hora.

Chuvia e vento que malia ser desapracibles algúns agradecen.

As previsións apuntan a que esta situación se vai manter nos próximos días, se ben mañá será unha xornada de transición con sol e ceo máis despexado.

No mar haberá aviso amarelo por mar de fondo do noroeste con ondas superiores aos 4 metros de altura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/10/2019