CRTVG

Buscar

A borrasca Bella deixa gran parte da costa en aviso vermello

Publicado o 28/12/2020 14:50

Parece que a última semana do ano vén cargada de inestabilidade atmosférica. Hoxe toda a Costa da Morte, A Coruña e Lugo está en aviso vermello por ondada e vento, aínda que as previsións apuntan a unha progresiva melloría nos próximos días.

Na rúa, a chegada desta nova borrasca, que apenas nos deu un respiro co bo tempo, estase a recibir con resignación. Ao longo da semana amainará un poco o temporal marítimo, pero as precipitacións vannos acompañar ata o remate do ano.

O paraugas e os abrigos van ser os mellores compañeiros para despedir este atípico 2020.

Noticias web

28/12/2020