CRTVG

Buscar

A borrasca Alex pon en alerta a toda España, agás ás Canarias

Publicado o 02/10/2020 20:24

A borrasca Álex está varrendo España de norte a sur. Esta profunda borrasca, a primeira con nome da temporada está azoutando con forza toda a península e as illas Baleares, só as Canarias se libran da alerta. Os seus efectos son as intensas precipitacións e as treboadas en moitas provincias.

Os refachos de vento xa superaron os cen quilómetros por hora en boa parte da península e as Baleares, o que provocou numerosas incidencias, as máis frecuentes a caídas de árbores.

En Valencia, a póla dunha árbore caeulle enriba a unha muller deixándoa ferida de consideración.

Tamén está provocando un importante temporal marítimo, tanto no Cantábrico coma no Mediterráneo.

Nas montañas, Álex chegou en forma de neve.

Noticias web

02/10/2020