CRTVG

Buscar

A Bonoloto deixa case medio millón de euros na Coruña

Publicado o 26/06/2019 14:27

Nas últimas horas o sorteo da Bonoloto deixou case medio millón de euros na Coruña. Pero, polo momento, do posible agraciado ou agraciados non se sabe nada. Hoxe algún coruñés espertou cun sorriso máis grande do habitual... e non é para menos!

Pero, por se o afortunado ou afortunada aínda non o sabe, pode ter no peto case medio millón de euros. O sorteo da Bonoloto celebrado onte deixou tres acertantes de primeira categoría, e foi nesta administación coruñesa onde se despachou un deses boletos.

Foron moitos os que xa se achegaron ata aquí para comprobar a súa sorte, pero, polo momento, do dono do boleto, nin rastro. E atención, porque aínda podería levar máis premios. A combinación gañadora foi a formada polos números 1, 5,12, 21, 23 e 49, co 11 como complementario e o 1 de reintegro. Os outros dous boletos premiados foron vendidos nas localidades de Puertollano e Arrecife.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019