CRTVG

Buscar

A bombona de butano supera os 16 euros, a cifra máis alta dende 2015

Publicado o 20/09/2021 15:08
A bombona de butano supera os 16 euros, a cifra máis alta dende 2015

O prezo do butano sobe este martes ata cifras que non se acadaban dende 2015. A bombona vai superar os 16 euros tras encarecerse nun 4,8 por cento, segundo a resolución que publica hoxe o BOE.

Esta suba débese ao forte ascenso das cotizacións da materia prima, que se dispararon case un 20 por cento. O prezo da bombona sobe o máximo permitido polo mecanismo de atenuación, que limita ao 5 por cento cada dous meses o incremento permitido.

Noticias web

20/09/2021