CRTVG

Buscar

A bombona de butano sobe un 5 % e custará 15,37 euros

Publicado o 19/07/2021 15:00
A bombona de butano sobe un 5 % e custará 15,37 euros


A bombona de butano sobre case un 5 %  e acada o prezo máis alto dende marzo de 2015. A partir deste martes o envase de 12 quilos, custará 15,37 euros. É a quinta suba consecutiva nas revisións de prezos que se fan regularmente cada dous meses. O incremento débese ao ascenso dos custos da materia prima (+12,91%) e dos transportes (+15,23%). Estará compensada en parte pola lixeira apreciación do euro fronte ao dólar (+1,32%).

Na revisión de xullo actalízanse tamén os custos de comercialización, que tamén aumentaron un 0,96 %, segundo a información facilitada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Este novo prezo da bombona de butano estará vixente durante dous meses, ata o terceiro martes do próximo mes de setembro, cando se examinará de novo. 

Noticias web

19/07/2021