CRTVG

Buscar

A bombona de butano sobe 59 céntimos a partir deste martes

Publicado o 18/11/2019 18:27

A bombona de butano sobe case un 5% a partir de mañá. Pasará a custar 12 euros con 74 céntimos, fronte aos 12,15 que custa actualmente.

É a primeira suba de prezo no que vai de 2019; ao longo deste ano a bombona encadeou cinco baixadas consecutivas.

O incremento afectaralle a preto de oito millóns de cidadáns, o número de fogares que se estima que usan bombona de butano en España.


 

Noticias web

18/11/2019