CRTVG

Buscar

A Bolsa sobe un 25,18% en novembro, o mellor mes da súa historia, pero cae hoxe o 1,39%

Publicado o 30/11/2020 17:58
A Bolsa sobe un 25,18% en novembro, o mellor mes da súa historia, pero cae hoxe o 1,39%

A Bolsa española subiu un 25,18% en novembro, o mellor mes da súa historia, polo desenvolvemento de vacinas contra a covid-19.

Porén, este luns perdeu o 1,39% e o nivel dos 8.100 puntos, arrastrada polas perdas dos bancos e a caída de Wall Street e do petróleo, segundo datos do mercado.

O principal indicador do parqué, o IBEX 35, baixou 113,8 puntos (o 1,39%) ata 8.076,9 enteiros. No ano baixa aínda o 15,42%.

Así as cousas, a Bolsa española resultou afectada pola caída superior ao 1% de Wall Street e o retroceso do 1,5% do prezo do barril de petróleo Brent, ata 47,5 dólares.

Todos os grandes valores baixaron: Repsol o 5,04%, a segunda maior baixada do IBEX, mentres que Telefónica cedeu o 2,11%; Banco Santander o 1,93%; inditex o 1,52%; BBVA o 0,71% e Iberdrola o 0,22%.